sábado, 12 de julio de 2014

Hasta pronto



Por motivos totalmente axenos os que facemos Frecuencia de Baile, temos que abandonar os estudios de Radio Ordes e polo tanto, ou polo menos temporalmente, a realización do programa.

Sentimos alongar a publicación da nova pero os primeiros sorprendidos fomos nos, intentamos asumir a noticia, ver o que ibamos facer, e como non, ver o inevitable, que FDB non poidese nin tan sequera despedirse nun último programa.

O que si, quédanos agradecer a moita moita xente que pasou polos estudios nos 194 programas destes casi 6 anos, comezamos:

Primeiro a Miguel Fons, por ser o noso padriño e mentor, gran amigo e por iniciarme no mundo da radio.

A Pablo Quinteiro pola gran oportunidade que nos ofreceu fai 6 anos para iniciar un proxecto chamado FDB, e como non, agradecerlle tamén a sua amistade.

Os meus colaboradores que non foron poucos, Paula pola sua sensivilidade e musikaina, a Oscar Lopez, esa gran enciclopedia con patas, a Goro por compartir a sua sabiduría e polas suas tertulias, a Christian Soniko polo seu bo rollo e ganas de festa interminables, a Mark Pastco por enseñarme o que é a musica en directo e pola sua amistade, a Darkrow por facerme ver a música dende outro punto de vista, a xente de Galizaeletronica.com (Alberto, Javier e Lorena) por moitas moitas cousas aprendidas, a Pablo Bascoy, polo seu remember, a Freaker dende Jaén por apoiarnos e empezar con nos, a Dani Veiga, que a pesar de non ser colaborador interviu longamenet e bastantes veces … (espero non esquencerme de ninguén… e senon, perdoade)

Agradecer especialmente a Clubber, por ser o último colaborador e por ser un gran dj, con el aprendín o que é a música electrónica dentro e fora dunha cabina.

Como non, non me poido olvidar a toda esa xente que se involucrou dalgunha maneira, mais ou menos, neste proxecto chamado Frecuencia de Baile, dende técnicos, deejays e entrevistados. Xente que pasou polos estudios cos seus lives, que fixeron tempo para poder ter unha entrevista en directo nos estudios, a xente que buscou tempo para que fora entrevistada por teléfono… grazas a tod@s, sinceramente, un placer.

E por último e o mais  importante, grazas a tod@s e cada un desos seguidores e ointes que estivestes con nos durante estos 194 programas, xa sabesdes que sen vos esto non sería posible nin teria ningún sentido.

Non queria que esto soase a despedida nin que contira carga emocional, pero creo que é inevitable. So decirvos unha cousa, polo de agora FDB apagouse, pero espero que a música electrónica e a festa siga.


Grazas a tod@s!


PD; os que queiran escoitar algun programa pasado, polo de agora ainda o poden facer no blog da radio. Mais adiante intentaremos colgar algun programa noutro aloxamento.

PD, agosto14: XA ESTAMOS ARGALLANDO ALGO NOVO, estate atento!

martes, 25 de junio de 2013

Freelive Festival : Sorteamos 5 entradas

Próximo venres 5 e sábado 6 de xullo, Acuapark de Cerceda, mais de 70 horas de música electrónica, piscinas abertas, 3 escenarios, mais de 40 deejays, zona de acampada, buses... que mais queres saber?



O festival do verano está a piques de chegar, e dende Frecuencia de Baile sorteamos 5 entradas para que vaias by the face.

Tan solo tes que mandarnos un correo co asunto "SORTEO"  e co teu Nome e DNI. 

No próximo programa diremos se eres ou non o gañador.

frecuenciadebaile@gmail.com 




.

+ info http://www.freelivefestival.com/


Frecuencia de Baile, todos os sábados de 21 a 23 horas!




sábado, 9 de febrero de 2013

Programas anteriores

Podes escoitar os dous últimos programas de Frecuencia de Baile na web oficial de Radio Ordes

Tan solo tes que acceder mediante este link e escoitar ou descargar os programas pasados



jueves, 27 de septiembre de 2012

Volvemos este sábado!

Este sábado volvemos.

Volve frecuencia de baile a carga, a partir deste sábado 29 de setembro comeza unha nova temporada de Frecuencia de Baile, o teu programa de música electrónica en Radio Ordes.

Nesta temporada 2012-2013 conteremos unha vez mais cos nosos dous colaboradores mais acérrimos.

-Paula traeranos o sentimento grazas a súa sección Musikaina
-Os ritmos mais electrónicos corren a cargo de Oscar López e a sua sección Ritmatic. 

Pero contamos tamén con unha sección mensual nova. Cada último fin de semana do mes contaremos ca colaboración dun dos mais grandes en Galicia. DjGoro  grazas o seu proxecto Extraball traeranos os ritmos que mais fan sentir e vibrar a este veterano dj.

Pero ahí non acaba a cousa, Clubber dj acompañaranos todos os días copresentando o programa na primeira hora e poñendo as novidades do momento.

E para este sábado, unha vez mais o noso padriño volve como cada ano a contarnos os novos proxectos. Miguel Fons estará con nos. Ademais contaremos ca xente de Movida de Ordes que ten moito que contarnos sobre o que vai acontecer nas vindeiras semanas na movida do noso pobo.

Polo tanto, nova andaina de FDB nesta temporada.

Comezamos este sábado, volve a encender a radio, alí te esperaremos de 21 a 23h en radio Ordes.

Radio Ordes, 107.3fm
RadioOrdes.com 

jueves, 16 de febrero de 2012

Programas anteriores

Aqui podes encontrar os últimos programas colgados para poder escoitar online.


Disfruta como sempre da mellor música en Frecuencia de Baile a base de click! 



viernes, 2 de septiembre de 2011

Xa temos perfil en Google plus



Porque pensamos que é unha rede que vai a despuntar no futuro e porque facebook xa non é o que era, engadimos as nosas redes sociais a de Google Plus


Engáde o noso perfil os teus círculos.

ou búscanos por "Frecuencia de Baile"

https://plus.google.com/105131765142674459613

E recorda que estamos a preparar a nova tempada de FDB, en breve mais noticias.

sábado, 25 de junio de 2011

Fresh Weekend : Sorteo de catro bonos

Un ano mais chega o Fresh Weekend, un apasionante fin de semana non stop a ritmo da mellor música electrónica Internacional, nacional e de Galicia. 



Un ano máis colaboramos conxuntamente a organización do festival e Radio Ordes. Gracias a esto vamos a sortear entre todos os escoitantes do 107.3 da fm un par de bonos para que vivas o mellor festival do ano.

Faremos un sorteo de tres bonos (unha entrada para venres e sábado por cada bono) entre todos os mails que recibamos o seguinte correo e cas seguintes especificacións.

-No asunto ten que por obligatoriamente "Concurso Fresh Weekend"
-No mail ten que incluir os seguintes datos : nome e apelidos, lugar donde vives (so o pobo, aldea, cidade, etc.) teléfono de contacto e dous dos deejays que non te vas a perder por nada do mundo e estén no cartel do Fresh Weekend.
-A dirección é o mail da Radio:  radioordes@concellodeordes.com


Calquer mail que non conteña algun destos tres puntos quedará desclasificado. A fecha límite para o sorteo é o próximo martes dia 28 de xuño as 20h. Os gañadores daránse a coñecer ó dia seguinte notificandoos por mail e esperando a confirmación. Senón a entrada volverá a ser sorteada.

Ademáis otorgaremos un bono directo o que primeiro conteste por mail a pregunta que vamos a facer no programa de Frecuencia de Baile do sábado que ven, día 25 de xuño


Sorte a tod@s e vémonos no Fresh Weekend o vindeiro fin de semana en Cerceda!!

viernes, 1 de abril de 2011

Programa 105 (26/03/2011)

Neste programa número 105 foi un placer ter no estudio a un representante da electrónica pero da parte que se ve. 

Falamos de Parasit, un Vj que sorprende polas suas video sessións axitadoras, distintas, transgresoras, non convencionais. Falounos da sua traxectoria, do que o inspira, de como traballa cas imaxes. 


Lorena dende Galizaelectrónica.com ponnos o día sobre as noticias do mundo da electrónica. Tamén foi un placer recibir no estudo unha vez mais a Paula que como cada duas semanas tráenos a sua musikaina que revitaliza corpo e mente. 

Notaredes a falta do programa 104 no reproductor, iso é porque emitiuse un podcast o dia de san José e decidimos non subilo. 

Todo nunha dosis de 120 min por via auditiva.

martes, 22 de marzo de 2011

Programa 103 (12/03/2011)

Programa do pasado sábado 12 de Marzo.

Nesta ocasión tivemos no estudio a Oscar Lopez ca sua sección Ritmatic donde cada sábado nos trae o sonidos que mais disfruta e pincha nas suas sessións.Javier Querolt púxonos o dia cas noticias de Galizaelectronica.com  e nos como sempre amenizando esas duas horas de música que se chaman Frecuencia de Baile

Como sempre a golpe dun click no programa nº 103



O programa nº 104 foi un podcast, polo tanto non se subirá, mentras tanto podedes disfrutar dos últimos programas. Para este sábado MAIS.

sábado, 12 de marzo de 2011

Sonar Galicia 2011

Imaxen do Sonar 2011
Como xa viñemos anunciando no programa, este ano vólvese a celebrar unha nova edición do Sonar en Expocoruña, unha gran noticia para todos os siaeiros da música electrónica.

A programación de Sónar Galicia 2011 inclúe a varios dos máis destacados artistas do panorama internacional da actualidade, a maioría dos cales actuarán por primeira vez na Coruña: M.I.A., Magnetic Man, Cut Copy, James Holden, Shackleton, Buraka Som Sistema, Boys Noize y The Gaslamp Killer, entre outros.

A aposta por dar a coñecer o máis interesante do talento galego volve ser un dos eixos fundamentais do festival, coa inclusión na programación do proxecto de pop electrónicoColectivoOruga, a proposta audiovisual de Caino & Zinqin, o funk orgánico de DJ Ino & La Keise Band e a sabiduría e versatilidade aos pratos dos djs Judah, Galis 115, Dj Sith, Dr. Think, Wasilkoski e Ningunos Djs.

Ademais da súa plasmación en Sónar Galicia, este ano Sónar contribúe á expansión do talento galego polo mundo, programando a varios dos seus máis destacados representantes en todas as citas do festival para este 2011: Sónar Barcelona (con Noaipre, Xesús Valle, Judah e DJ Sith con David M), SonarSound Tokyo (con BFlecha e MwësLee) e A Taste of Sónar en Londres (de novo con Noaipre).

A falta de confirmación de varios artiastas de primeiro nivel, aqui temos a distribución provisional de actuacións por dias.

Venres 17
Buraka Som Sistema
Caino & Zinqin
ColectivoOruga
DJ Ino & La Keise Band
Dj Sith
Galis 115
HHY & The Macumbas
James Holden
Judah
Magnetic Man
Shackleton
The Gaslamp Killer
Underworld
Wasilkoski

Sábado 18
Boys Noize
Cut Copy
Die Antwoord
Dr. Think
Lasers
M.I.A.
Munchi
Ningunos Djs


Dende Frecuencia de Baile animámosvos enérxicamente a que asistades  a este festival, unha porque non é un festival o uso e outra para apoiar estes eventos e se poidan repetir en vindeiros anos, seguro que non vos ha deixar indiferentes.


Via: Galizaelectronica.com

lunes, 7 de marzo de 2011

Programa 102 (05/03/2011)

Novo sello de Fernando Mesa
O sábado pasado tivemos no estudio a Izzan Joxx e a Fernando Mesa. O primeiro é o dono do club de música electrónica que temos en Ordes, o Qube Electronic music club, un local en plena fase de remodelación e que dará moito que falar a partir de agora. E co motivo de que reinaugurábase o local, Fernando Mesa deleitounos cunha sessión non sen antes pasar pola radio a responder unhas preguntiñas sobre a sua carreira de productor e dj e sobre o futuro sello que está a punto de estrear, Arume Records.


Tamén tivemos como cada duas semanas a nosa compañeira Paula que nos puxo a musikaina que a ela mais lle gusta.

Como sempre, e celebrando ainda o paso dos 100 programas, a última edición de Frecuencia de Baile a golpe de play neste caso no 102.


Por certo, para a seguinte semana seguimos de celebración, seguimos de estreos, de entrevistas e demais... atentos.

viernes, 4 de marzo de 2011

Programa 101 (26/02/2011)

Seguimos cas celebracións do centenario de Frecuencia de Baile.

O pasado sábado emitimos o programa nº 101 e tivemos o honor de estrenar outro directo no estudio. Conxuntamente con AGM! & Quintrix, Frances Lerouge mostrounos a sua música a través dun Live o cal non vos podedes perder.

Tamén tivemos no estudio a Oscar Lopez que como é costume traenos a sua visión da electrónica na sua sección Ritmatic. As noticias de Galizaelectronica.com correron esta semana a cargo de Javier Querolt.

Todo en mais de 120 min cargados de boa música.



E seguiremos celebrando o centenario.

jueves, 24 de febrero de 2011

Programa 100 (19-02-2011)

O pasado sábado cumplironse as 100 semanas de emisión. 100 programas cargados de entrevistas, colaboracións, seccións, presentacións, directos, novas, e como non, 100 programas de moitísima música electrónica tanto galega, como nacional como internacional. Gracias a tod@s por estos 100 programas porque sen vos o outro lado non podería ser posible facer Frecuencia de Baile cada sábado.

No programa pasado tivemos a entrevista a un dos grandes da música da nosa comunidade. Descoñecido por moitos pero triunfando a niveles internacionais, Borja Iglesias aka Dimension triunfa en selos de Tiesto, Ferry Corsten ou o mesmo Armin Van Buuren. Recoméndoche que descubras a música e escoites a entrevista deste productor Vigués.

http://soundcloud.com/dimensionmusic/tracks

Falamos con Dj Freaker, antigo colaborador de FDB dende Jaén e regalounos un minimix  100% Frecuencia de Baile. Nela podemos escoitar temas míticos do programa, tamén os mais sonados entre os galegos e como non, todas as nosas sintonias de apertura do programa.

Todo un detallazo que lle agradecemos enormemente dende Frecuencia de Baile e que podes descargar e escoitar as veces que queiras mediante o noso Soundcloud.
  FDB 100 (19-02-2011) - Freaker pres. Especial Minimix by FrecuenciadeBaile

Nas nosas colaboracións de costume, tivemos a Paula ca sua Musicaína donde tamén nos falou do aniversario de Electrónica Galega e do podcast que fixo Oscar Lopez para tal ocasión. E dende Galizaelectronica.com Lorena púxonos o día no que acontece na musica electrónica na nosa comunidade.

E para rematar, o reproductor do programa donde podedes escoitar os últimos 5 programas as veces que queirades. Esta vez o programa é o nº 100

miércoles, 16 de febrero de 2011

Programa 099 (12/02/2011)

Xa está na rede o programa 99 de frecuencia de Baile para escoitalo as veces que queiras. Tan so tes que darlle o play no programa correspondente para volver a disfrutalo.

Neste programa, ademais das novidades, tivemos a sección de noticias de Galizaelectronica.com gracias a voz inconfundible de Lorena. Na segunda hora xa contamos ca presencia de Oscar Lopez e a sua selección persoal Ritmatic.

Todo en 120 minutos de boa música a golpe de play.

jueves, 3 de febrero de 2011

Programa 098 (29-01-2011)

Programa número 98 de Frecuencia de baile, correspondente o sábado 29 de xaneiro do actual 2011. Neste programa tivemos as noticias de Galizaelectronica.com con Javier Querolt e a Musicaina de Paula.

Recordarche que o sábado próximo dia 5 de xaneiro non temos programa pero podes volver a escoitar este e outros tantas veces queiras, simplemente, e como sempre, a golpe de click neste caso no número 98

viernes, 28 de enero de 2011

Programa 097 (22/01/11)

Programa pertencente o sábado 22 de xaneiro no cal ademais das moitas novidades que tivemos, falamos con Oscar Lopez sobre as novas festas mensuais  D´clap as cales apostan polo producto galego. Non hai mais que mirar o cartel da última celebrada en Ola Green, Electronic Operators, AGM! & Quintrix, Oscar Lopez e Ro-noise. Un aunténtico luxo de cartel para esa primeira festa, a ver que nos deparan as seguintes.

Entérate das seguintes festas no seu Facebook


Todo eso, como sempre, en 120 min a golpe de play no programa 97

Programa 096 (15-01-2011)

Priemiro programa do ano con moitas novidades que presentar e unha entrevista a  Roi e Pablo Cubeiro xunto con Frances Lerouge que nos falaron do Fanzine Project. Un interesante proxeto que apoia a música feita na nosa terra ademais dos directos mais interesantes.

Escoita a entrevista na segunda hora de programa e votádelle un ollo a sua web e comprobaredes cal é o auténtico proxecto de Fanzine.

Fanzineproject.com


** A segunda hora de programa ten un fallo técnico onde soa relentizado, intentaremolo arranxar o antes posible.

jueves, 16 de diciembre de 2010

Programa 094 (11/12/10) e 095 (18/12/10) Especial 10 anos de temazos

Se te perdeches este especial recopilatorio de 10 anos de temazos podes volver a escoitalo cantas veces che preste.

Aqui tes os dous programas remembers con motivo do final da década recopilando 10 anos de música electrónica. Trátase dos programas número 94 e 95 dos dias 11 e 18 de decembro do 2010, sen duda duas datas para recordar e volver a escoitar.

Como sempre, a golpe de click!

viernes, 10 de diciembre de 2010

10 anos de temazos

Moitos ritmos, moitos cantantes, productores, estilos, recordos, brincos, moitos...
Moitas cousas pasaron nos últimos 10 anos e con motivo de que abandonamos a década do 2000 vamos a facer un par de programas especiais ca música do recordo.

O sábado dia 11 e 18 colleremos a nosa máquina do tempo e faremos unha viaxe por 10 anos de temazos, súbeste? Polo de pronto xa nos puxemos a recordar no noso facebook.

Dalle o play para escoitar a radio en directo!


Programa 093 (27/11/10)

Programa do sábado 27 de novembro correspondente a edición número 93 de Frecuencia de Baile, o teu programa de música electrónica en Radio Ordes.