domingo, 21 de diciembre de 2008

Se busca

Especial último programa del año. Frecuencia de Baile busca a canción de baile do ano, se crees saber cal é fainolo saber no noso mail, messenger, webchat, tuenti, chamando a radio, por sms, por mensaxe en botella... o caso é que chegue.

Manda un máximo de tres títulos para confeccionar ese top do 2008 de FDB nun programa de 4 horas que se emitirá o 27 de decembro a patir das 18h , como sempre en Radio Ordes e por Inet mediante esta web.


Programa nº 009 (20/12/08)

Programa número 9 de frecuencia de baile donde tivemos as noticias de Zoomelectronico.com ademais de moi boa música, como sempre XD

Xa o podes descargar mediante este link

martes, 16 de diciembre de 2008

Programa nº 008 (13/12/08)

Oitava edición do programa emitido o 13 de decembro do 2008.

Na primeira hora falamos con Dj Pailot, Dj Akor e Dj Ranha sobre a festa que se celebrou o mesmo día en Lp45 e chamada Templum Sound Festival, que por certo todo un éxito.

Por segunda vez tivemos a colaboración de Miguel Fons na sua sección Area51: La sección donde nos presentou dous temas moi interesantes.


Frecuencia de baile 008



O sábado que ven mais, e o 27 recorda, un programa de 4 horas donde buscaremos a canción do ano. Podedes seguir votando no mail do programa.

domingo, 14 de diciembre de 2008

Entrevista a Miguel Fons - P001 (11oct08)

Entrevista a o padriño do programa no primeiro Frecuencia de Baile, Miguel Fons


miércoles, 10 de diciembre de 2008

Programa nº 007 (06/12/08)

Séptimo programa de Frecuencia de Baile emitido o 6 de decembro do 2008.

Como todos os primeiros sábados de mes tivemos a colaboración de Dj Freaker que nos presentou o Mixtape de December donde fai un recorrido por os temas que mais foron sonando o largo deste ano.

Podes descargalo xunto con moitas mais sessions e remixes na sua web Djfreaker.com



miércoles, 3 de diciembre de 2008

Entrevista a Dj Son1c - P001 (11oct08)

Unha das primeiras entrevistas que fixemos no programa foi a de Dj Son1c, creador do tema "A festa non vai parar" donde nos contou dende como comenzou neste mundo ata os seus proxectos futuros.



Dj Son1c myspace

domingo, 30 de noviembre de 2008

Programa nº 006 (29/11/08)

Sexta edición do programa emitido o 29 de novembro do 2008.

Ademais das noticias de zoomelectronico.com tivemos a colaboración de Miguel Fons no seu estreo da sección Area51: La sección



viernes, 28 de noviembre de 2008

Entrevista a dj Freaker - P005 (15nov08)

Entrevista o noso colaborador mensual e gran amigo, Dj Freaker na cal falamos do novo Ep que saliu o mercado via Beatport fai nada " We u be mine"

Dende a sua web podedes descargar os temas en versión radio totalmente de valde.

miércoles, 19 de noviembre de 2008

Entrevista a Mr Danny - P005(15-11-08)

Unha das últimas entrevistas realizadas no programa Frecuencia de Baile o almeriense nominado a os premios Deejaymags como productor revelación, Mr Danny

lunes, 17 de noviembre de 2008

Programa nº 005 (15/11/08)

He aqui o quinto programa de FDB emitido en directo por Radio Ordes o 15 de novembro.

Neste programa volvemos a falar con Dj Freaker o cal nos presenta o seu novo ep "We u be mine" que saliu o pasado xoves 13 o mercado mediante beatport. Dende a sua web podedes descargar os temas en versión radio totalmente de valde.

Despois das noticias de Zoomelectronico.com falamos co almeriense Mr. Danny o cal está nominado como productor revelación os premios Deejaymags que se celebrarán o proximo 8 de febreiro en Madrid. Todo sobre este gran artista na sua web MRDANNY.ES
ou no seu myspace

Todo ello en....



lunes, 10 de noviembre de 2008

Programa nº 004 (08/11/08)

Xa podedes volver a escoitar o programa de Frecuencia de Baile do sábado 8 de novembro.

Neste programa ademais de presentarvos un lote de novedades tivemos a primeira colaboración de Dj Freaker que estará todos os comezos de mes presentándonos a sua seccion Mixtape, unha session corta de 25 min donde recopila todas as novedades actuais. Podedes descargalas xunto a moitos remixes na sua web. Djfreaker.com


lunes, 27 de octubre de 2008

Programa nº 003 (25/10/08)

Terceiro programa de Frecuencia de Baile do sábado 25 de Octubre.

Poñemos a funcionar o messenger, asique se queres falar con nos en directo xa sabes, agréganos o mail do programa e xa estamos en contacto. Tamén nos podes enviar durante toda a semana esas peticións a mesma dirección.



lunes, 20 de octubre de 2008

Programa nº 002 (18/10/08)

Xa tedes colgado o segundo programa no cal non tivemos entrevistas pero si empezamos a coller forma as seccións e colaboracións que nos irán acompañando o longo da temporada.

Viakrucis chega dende todo90.es co seu baúl de recordos sonoros donde nos invita a volver o pasado e recordar esos grandes temas que nos fixeron vailar na época dos 90.

Por parte de Zoomelectronico.com chegarán a partir de xa cas novas relacionadas ca música electrónica. Festivais, novedades discográficas e curiosidades será o que nos presenten acotío na sua sección.



domingo, 19 de octubre de 2008

Emisión por internet

Emisión Online de Radio Ordes as 24h do dia. Se queres escoitarnos en directo pódelo facer mediante este reprodutor.

Se queres escoitar a repetición de este ou calquera outro programa de radio Ordes accede a web onde podes facelo como, cando e onde queiras.

http://RadioOrdes.com



Recorda que o horario do programa e os sábados de 21 a 23h.

miércoles, 15 de octubre de 2008

Programa nº 01 (11/10/08)

Aqui tedes o audio do primeiro programa celebrado o día 11 de Outubro do 2008. Moitos nervios no estreo e non todo saiu a perfección pero pouo a pouco iremos collendo mais ritmo.

Neste primeiro programa tivemos como padriño a Miguel Fons que nos presentou o seu novo tema Nada Que Temer e na segunda hora entrevistamos telefónicamente a Dj Son1c.


lunes, 6 de octubre de 2008

Problemas Técnicos

Por problemas técnicos o sábado pasado, 4 de outubre, foi imposible realizar o estreo do programa xa que non había emisión de Radio Ordes por un problema na antena. Estos problemas xa están solucionados e cruzamos dedos para estrear co mesmo cartel o próximo sábado 11.

Disculpade as molestias e esperamosvos o PROXIMO SÁBADO 11

viernes, 26 de septiembre de 2008

Estreo de Frecuencia de Baile

Xa hai fecha, xa está escollido o momento, xa está todo preparado.

O sábado 4 de Outubro a partir das 20h comenzará na programación de Radio Ordes un novo programa chamado FRECUENCIA DE BAILE que irá dedicado a música electrónica en todas as suas variantes. Un programa que ademais de poñerte os éxitos da temporada, intentará enseñarche todas as caras deste mundo entrevistando a djs, productores e xente que traballa neste mundo tan apasionante. Eso si, sempre tirando polo producto galego.

Sen mais o cartel do primeiro programa.

Conteremos con Miguel Fons para apadriñar o programa e como regalo traenos o seu novo traballo case inédito Miguel Fons - "Nada que temer"

E pra seguir, o creador do exitoso tema en galego " A festa non vai parar" Dj Son1c.



Pouco a pouco esto irá collendo forma, paciencia e visitade de vez en cando este espacio para estar informados de todo.

Un saudo e comenzamos.....