martes, 28 de septiembre de 2010

Programa 085 (25-09-2010)

Un pouco accidentado e con media hora de retraso pero demos feito o programa nº 85 do pasado sábado dia 25 de setembro. Os problemas técnicos fixeron que nos derrogasemos pero o final puido ser.

Como sempre moitas novidades, novas e colaboracións da man de Lorena de Galizaelectronica.com e de Oscar Lopez ca sua sección Ritmatic. Tamén estreamos novo tema de benvida. Desta vez escollemos un tema chamado Hello, tan so tedes que darlle o play para saber de quen é.

Todo en, esta vez, 90 min a golpe de click.


martes, 21 de septiembre de 2010

Programa 084 (18/09/10)

Unha edición mais de Frecuencia de Baile e con esta xa van 84 emitida o pasado sábado 18 de setembro e último programa do veran 2010 que tanta boas música e tantos festivales nos deu.

Para despedir esta época estival que mellor voz que a da nosa colaboradora ca sua Musikaina, Paula!

Tivemos tamén as noticias de Galizaelectronica.com da man de Javier Querolt ademais da sección semanal de Darkrow ca sua Vanguard Music.

Todo como sempre concentrado en duas horas de programa facendo click no programa 84

viernes, 17 de septiembre de 2010

Programa 083 (11/09/10)

Con un pouco de retraso aqui vos ofrecemos o programa do pasado sábado dia 11 de setembro. Nel tivemos os contidos de sempre e comenzamos a nova tempada de colaboracións. Oscar Lopez volveu forte con dous temas galegos na sua sección Ritmatic. Tivemos tamén as noticias de Galiza Electrónica da man de Lorena. Como espontáneo do programa nº 83 tivemos a sorte de falar con Slevin que nos presentou o seu último tema que está arrasando en Itunes.

Todo como sempre comprimido en 120 minutos a golpe de play no programa 83


jueves, 9 de septiembre de 2010

Programa 082 (04/09/10)

Voltamos de vacacións!! cas pilas postas e con moita música que poñer, nos vindeiros programas seguiremos repasando o que deu de si este verano pero mentras tanto pouco a pouco imos compoñoendo o que vai a ser a nova temporada 2010-2011 de Frecuencia de Baile.

Neste programa de volta das vacacións tivemos o noso colaborador Darkrow presentándonos os seus próximos temas polo sello datagroove. Contamos tamén con Javier Querolt de Galiza Electrónica para informarnos un pouco sobre o que acontece no panorama electrónico galego.

Ademais disto tivemos unha entrevista con Manu Dastrash, un dos compoñentes do Festival Elviña Sona do cal nos falou e que se vai a celebrar este sábado dia 11 de Setembro na Coruña.

Por se non fose pouco engadimos unha sección mais o programa, cada semana intervirá un invitado sorpresa na sección "Colaboración Espontanea" donde falaremos ca xente mais diversa dentro do que é a electrónica. Nesta semana tocoulle o turno a Dani Veiga que empeza en Radio Ordes co seu programa Funkadisco.

Todo moi concentrado en duas horas de programa, como sempre a golpe de Click esta vez no programa 82.

miércoles, 1 de septiembre de 2010

Este sábado...VOLVE FRECUENCIA DE BAILE!!!


Chega setembro e chega a pesar de moitos a volta de vacacións. Tamén chega o outono, as clases, os dias mais curtos e os coleccionables os quioscos.
E como non, Frecuencia de Baile volta un ano mais para poñerche a mellor música electrónica e como sempre apostando polo feito na nosa terra. Tampouco nos esquencemos das nosas seccións, da información electrónica e os dos nosos colaboradores.
Todo como cada sábado a partir das 21h en radio Ordes (107.3 fm) ou mediante a nosa web frecuenciadebaile.com