viernes, 26 de noviembre de 2010

Programa 092 (20/11/10)

O pasado sábado 20 de novembro emitimos o programa número 92 ca presencia nos estudios de Radio Ordes  de Paula e a sua Musikaina e e a continuación Sergio ca sua sección Vanguard Music. Ademais de moitas novidades e as noticias de Galiza Electrónica nun programa redondo.

Todo a golpe de click no programa 92

martes, 23 de noviembre de 2010

Programa 091 (13/11/10)

Un programa mais de Frecuencia de Baile, este o número 91 do pasado 13 de novembro no cal ademais das colaboracións habituais tivemos estreo de concretamente dous temas que darán moito que falar.

Se queres saber cales son, dalle o play e opina nas nosas redes sociais. Programa número 91 a golpe de click.

viernes, 19 de noviembre de 2010

Planes para a fin de semana

A estas alturas e non sabes que facer esta fin de semana? Dende Frecuencia de Baile presentámosche dous planazos.

Hoxe venres o noso colaborador Darkrow actuará na discoteca O Sarela xunto a Electric Storm e J. Pájaro, unha noite cargada de electrónica da boa nunha das salas mais emblemáticas de Compostela.

E mañán sábado inaugúrase un novo local en Ordes. Chamarase Qube e está situado na Rua da feira donde antiguamente habia o Barroco. Un local reformado e ampliado para disfrutar da mellor electrónica sen sair de Ordes. Para esta inauguración teremos de novo a Darkrow e o seu residente Izzan Joxx.

Qube club electronic music. 
LINE UP: 23:30 a 02:00 Izzan Joxx.
02:00 a 04:30 Darkrow.

viernes, 12 de noviembre de 2010

Pista de Baile FM en Radio Ordes

Cada día a programación Dance en Radio Ordes medra en programas e en calidade.

Esta noite de venres o sábado estréase no 107.3 o programa dirixido por Toni Espagne chamado Pista de baile. Unha hora de duración donde cada venres a 1 da madrugada podrás escoitar a mellor música House e Dance.

Durante o fin de semana podes escoitar en radio Ordes os seguintes programas

Venres de madrugada
0.00 La boite 16 da man de Pablo Bascoy
1.00 Pista de Baile presentado e dirixido por Toni Espagne
2.00 Frecuencia de Baile (repetición)
3.00 Ordes Dance , a radiofórmula dance das fins de semana en Radio Ordes

Sábado
18.00 Bucle, o programa de libre descarga da man de Boot 689
19.00 Entre lusco e fusco, indie, electrónicapop, e rock presentado por Miguel Lueiro
21.00 Frecuencia de Baile
23.00 Funkadisco, repaso semanal dos últimos estreos dance conducido por Dani Veiga
0.00   Ordes Dance

Que mais se pode pedir?
107.3 da FM ou http://radioordes.com

http://www.pistadebailefm.com/

miércoles, 10 de noviembre de 2010

Programa 090 (10/11/10)

Programa número 90 xa do teu espacio de música electrónica en radio Ordes.

Nesta semana tivemos a colaboración de Javier Querol que nos deu as últimas noticias dende o portal Galiza Electrónica ademais da sección de Vanguard Music da man do noso amigo Darkrow.

Moitas novidades e repaso dos últimos éxitos postos en FDB. A golpe de click como sempre no programa correspondente, este caso o 90

lunes, 8 de noviembre de 2010

Programa 089(30/10/10)

O programa do pasado día 30 de outubro víspera do samaín tivemos varios fantasmas e espíritus no programa. Nel tivemos a colaboración de Paula a cal fíxonos tamén un pequeno especial sobre a Supermartxe e Juanjo Martin.

Todo en 120 min a partir de darlle o play!



En breves días o último programa