Mostrando entradas con la etiqueta Emisión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Emisión. Mostrar todas las entradas

sábado, 12 de julio de 2014

Hasta pronto



Por motivos totalmente axenos os que facemos Frecuencia de Baile, temos que abandonar os estudios de Radio Ordes e polo tanto, ou polo menos temporalmente, a realización do programa.

Sentimos alongar a publicación da nova pero os primeiros sorprendidos fomos nos, intentamos asumir a noticia, ver o que ibamos facer, e como non, ver o inevitable, que FDB non poidese nin tan sequera despedirse nun último programa.

O que si, quédanos agradecer a moita moita xente que pasou polos estudios nos 194 programas destes casi 6 anos, comezamos:

Primeiro a Miguel Fons, por ser o noso padriño e mentor, gran amigo e por iniciarme no mundo da radio.

A Pablo Quinteiro pola gran oportunidade que nos ofreceu fai 6 anos para iniciar un proxecto chamado FDB, e como non, agradecerlle tamén a sua amistade.

Os meus colaboradores que non foron poucos, Paula pola sua sensivilidade e musikaina, a Oscar Lopez, esa gran enciclopedia con patas, a Goro por compartir a sua sabiduría e polas suas tertulias, a Christian Soniko polo seu bo rollo e ganas de festa interminables, a Mark Pastco por enseñarme o que é a musica en directo e pola sua amistade, a Darkrow por facerme ver a música dende outro punto de vista, a xente de Galizaeletronica.com (Alberto, Javier e Lorena) por moitas moitas cousas aprendidas, a Pablo Bascoy, polo seu remember, a Freaker dende Jaén por apoiarnos e empezar con nos, a Dani Veiga, que a pesar de non ser colaborador interviu longamenet e bastantes veces … (espero non esquencerme de ninguén… e senon, perdoade)

Agradecer especialmente a Clubber, por ser o último colaborador e por ser un gran dj, con el aprendín o que é a música electrónica dentro e fora dunha cabina.

Como non, non me poido olvidar a toda esa xente que se involucrou dalgunha maneira, mais ou menos, neste proxecto chamado Frecuencia de Baile, dende técnicos, deejays e entrevistados. Xente que pasou polos estudios cos seus lives, que fixeron tempo para poder ter unha entrevista en directo nos estudios, a xente que buscou tempo para que fora entrevistada por teléfono… grazas a tod@s, sinceramente, un placer.

E por último e o mais  importante, grazas a tod@s e cada un desos seguidores e ointes que estivestes con nos durante estos 194 programas, xa sabesdes que sen vos esto non sería posible nin teria ningún sentido.

Non queria que esto soase a despedida nin que contira carga emocional, pero creo que é inevitable. So decirvos unha cousa, polo de agora FDB apagouse, pero espero que a música electrónica e a festa siga.


Grazas a tod@s!


PD; os que queiran escoitar algun programa pasado, polo de agora ainda o poden facer no blog da radio. Mais adiante intentaremos colgar algun programa noutro aloxamento.

PD, agosto14: XA ESTAMOS ARGALLANDO ALGO NOVO, estate atento!

lunes, 1 de febrero de 2010

Emisión Online

Emisión Online de Radio Ordes as 24h do dia. Se queres escoitarnos en directo pódelo facer mediante este reprodutor.

Se queres escoitar a repetición de este ou calquera outro programa de radio Ordes accede a web onde podes facelo como, cando e onde queiras.

http://RadioOrdes.com

domingo, 29 de noviembre de 2009

Problemas técnicos

Por problemas técnicos ocasionados polo temporal que pasou onte pola comarca de Ordes, non se puido emitir o programa número 50 no cal íbamos a ter a Dj Goro nos micros de radio Ordes, pero tranquilos, a cita do medio cento será o próximo sábado ainda que a de con Goro vamos a ter que esperar unhas semaniñas mais, pero prometeunos que volvería.

martes, 2 de junio de 2009

FDB na 1ª concentración tuning "Karting Ordes"

Radio Ordes e Frecuencia de Baile estará o próximo sábado dia 6 no polígono da localidade amenizando a primeira concentracion tuning "Karting Ordes"

Polo tanto, se queres ver como se fai un programa en directo ademais de vernos as caras e disfrutando dos coches mais espectaculares, apunta na tua axenda. O próximo fin de semana no recinto do Karting de Ordes situado no Polígono Industrial.

Mais info da concentración:

http://www.zonatuning.com/f18/1-concentracion-tuning-karting... /

Nos estaremos alí a partir das 19.00

viernes, 29 de mayo de 2009

Radio Ordes cambia de Dial

Se eres un asiduo e sintes a radio un pouco mal, tan só tes que cambiar o dial de Radio Ordes.

Volvemos o dial de sempre e esta vez para quedarse con él.

Asique xa sabes, o novo dial é o:

107.3 da fm

martes, 20 de enero de 2009

Comunícate

Se queres intervir no programa tes moitas vías de comunicación.


· A mais directa é o telefono en horario de programa 981681483
· Outra moi sinxela é un mensaxe de texto o 7505 ca palabra Ordes+espacio+txt
· O noso mail é o cal é o noso messenger tamén
· Polo chatbox da nosa web
· E tamén por Redes sociales

Será por vias de comunicación!!! Pídenos ese tema que che gusta, ou ese que che gustaba fai moitos anos, dedicalle algo a teu/tua moz@, a tua familia ou a quen queiras, pidenos títulos de temas, comentanos o que queiras

Escoitámonos este sábado, e como todos, de 20 a 22 horas en Radio Ordes 107.2fm ou aqui, na web do programa

Todo esto en frecuenciadebaile.com

Saudos

domingo, 19 de octubre de 2008

Emisión por internet

Emisión Online de Radio Ordes as 24h do dia. Se queres escoitarnos en directo pódelo facer mediante este reprodutor.

Se queres escoitar a repetición de este ou calquera outro programa de radio Ordes accede a web onde podes facelo como, cando e onde queiras.

http://RadioOrdes.com



Recorda que o horario do programa e os sábados de 21 a 23h.