viernes, 26 de septiembre de 2008

Estreo de Frecuencia de Baile

Xa hai fecha, xa está escollido o momento, xa está todo preparado.

O sábado 4 de Outubro a partir das 20h comenzará na programación de Radio Ordes un novo programa chamado FRECUENCIA DE BAILE que irá dedicado a música electrónica en todas as suas variantes. Un programa que ademais de poñerte os éxitos da temporada, intentará enseñarche todas as caras deste mundo entrevistando a djs, productores e xente que traballa neste mundo tan apasionante. Eso si, sempre tirando polo producto galego.

Sen mais o cartel do primeiro programa.

Conteremos con Miguel Fons para apadriñar o programa e como regalo traenos o seu novo traballo case inédito Miguel Fons - "Nada que temer"

E pra seguir, o creador do exitoso tema en galego " A festa non vai parar" Dj Son1c.



Pouco a pouco esto irá collendo forma, paciencia e visitade de vez en cando este espacio para estar informados de todo.

Un saudo e comenzamos.....