jueves, 27 de septiembre de 2012

Volvemos este sábado!

Este sábado volvemos.

Volve frecuencia de baile a carga, a partir deste sábado 29 de setembro comeza unha nova temporada de Frecuencia de Baile, o teu programa de música electrónica en Radio Ordes.

Nesta temporada 2012-2013 conteremos unha vez mais cos nosos dous colaboradores mais acérrimos.

-Paula traeranos o sentimento grazas a súa sección Musikaina
-Os ritmos mais electrónicos corren a cargo de Oscar López e a sua sección Ritmatic. 

Pero contamos tamén con unha sección mensual nova. Cada último fin de semana do mes contaremos ca colaboración dun dos mais grandes en Galicia. DjGoro  grazas o seu proxecto Extraball traeranos os ritmos que mais fan sentir e vibrar a este veterano dj.

Pero ahí non acaba a cousa, Clubber dj acompañaranos todos os días copresentando o programa na primeira hora e poñendo as novidades do momento.

E para este sábado, unha vez mais o noso padriño volve como cada ano a contarnos os novos proxectos. Miguel Fons estará con nos. Ademais contaremos ca xente de Movida de Ordes que ten moito que contarnos sobre o que vai acontecer nas vindeiras semanas na movida do noso pobo.

Polo tanto, nova andaina de FDB nesta temporada.

Comezamos este sábado, volve a encender a radio, alí te esperaremos de 21 a 23h en radio Ordes.

Radio Ordes, 107.3fm
RadioOrdes.com