jueves, 27 de septiembre de 2012

Volvemos este sábado!

Este sábado volvemos.

Volve frecuencia de baile a carga, a partir deste sábado 29 de setembro comeza unha nova temporada de Frecuencia de Baile, o teu programa de música electrónica en Radio Ordes.

Nesta temporada 2012-2013 conteremos unha vez mais cos nosos dous colaboradores mais acérrimos.

-Paula traeranos o sentimento grazas a súa sección Musikaina
-Os ritmos mais electrónicos corren a cargo de Oscar López e a sua sección Ritmatic. 

Pero contamos tamén con unha sección mensual nova. Cada último fin de semana do mes contaremos ca colaboración dun dos mais grandes en Galicia. DjGoro  grazas o seu proxecto Extraball traeranos os ritmos que mais fan sentir e vibrar a este veterano dj.

Pero ahí non acaba a cousa, Clubber dj acompañaranos todos os días copresentando o programa na primeira hora e poñendo as novidades do momento.

E para este sábado, unha vez mais o noso padriño volve como cada ano a contarnos os novos proxectos. Miguel Fons estará con nos. Ademais contaremos ca xente de Movida de Ordes que ten moito que contarnos sobre o que vai acontecer nas vindeiras semanas na movida do noso pobo.

Polo tanto, nova andaina de FDB nesta temporada.

Comezamos este sábado, volve a encender a radio, alí te esperaremos de 21 a 23h en radio Ordes.

Radio Ordes, 107.3fm
RadioOrdes.com 

jueves, 16 de febrero de 2012

Programas anteriores

Aqui podes encontrar os últimos programas colgados para poder escoitar online.


Disfruta como sempre da mellor música en Frecuencia de Baile a base de click!