viernes, 1 de abril de 2011

Programa 105 (26/03/2011)

Neste programa número 105 foi un placer ter no estudio a un representante da electrónica pero da parte que se ve. 

Falamos de Parasit, un Vj que sorprende polas suas video sessións axitadoras, distintas, transgresoras, non convencionais. Falounos da sua traxectoria, do que o inspira, de como traballa cas imaxes. 


Lorena dende Galizaelectrónica.com ponnos o día sobre as noticias do mundo da electrónica. Tamén foi un placer recibir no estudo unha vez mais a Paula que como cada duas semanas tráenos a sua musikaina que revitaliza corpo e mente. 

Notaredes a falta do programa 104 no reproductor, iso é porque emitiuse un podcast o dia de san José e decidimos non subilo. 

Todo nunha dosis de 120 min por via auditiva.