sábado, 12 de marzo de 2011

Sonar Galicia 2011

Imaxen do Sonar 2011
Como xa viñemos anunciando no programa, este ano vólvese a celebrar unha nova edición do Sonar en Expocoruña, unha gran noticia para todos os siaeiros da música electrónica.

A programación de Sónar Galicia 2011 inclúe a varios dos máis destacados artistas do panorama internacional da actualidade, a maioría dos cales actuarán por primeira vez na Coruña: M.I.A., Magnetic Man, Cut Copy, James Holden, Shackleton, Buraka Som Sistema, Boys Noize y The Gaslamp Killer, entre outros.

A aposta por dar a coñecer o máis interesante do talento galego volve ser un dos eixos fundamentais do festival, coa inclusión na programación do proxecto de pop electrónicoColectivoOruga, a proposta audiovisual de Caino & Zinqin, o funk orgánico de DJ Ino & La Keise Band e a sabiduría e versatilidade aos pratos dos djs Judah, Galis 115, Dj Sith, Dr. Think, Wasilkoski e Ningunos Djs.

Ademais da súa plasmación en Sónar Galicia, este ano Sónar contribúe á expansión do talento galego polo mundo, programando a varios dos seus máis destacados representantes en todas as citas do festival para este 2011: Sónar Barcelona (con Noaipre, Xesús Valle, Judah e DJ Sith con David M), SonarSound Tokyo (con BFlecha e MwësLee) e A Taste of Sónar en Londres (de novo con Noaipre).

A falta de confirmación de varios artiastas de primeiro nivel, aqui temos a distribución provisional de actuacións por dias.

Venres 17
Buraka Som Sistema
Caino & Zinqin
ColectivoOruga
DJ Ino & La Keise Band
Dj Sith
Galis 115
HHY & The Macumbas
James Holden
Judah
Magnetic Man
Shackleton
The Gaslamp Killer
Underworld
Wasilkoski

Sábado 18
Boys Noize
Cut Copy
Die Antwoord
Dr. Think
Lasers
M.I.A.
Munchi
Ningunos Djs


Dende Frecuencia de Baile animámosvos enérxicamente a que asistades  a este festival, unha porque non é un festival o uso e outra para apoiar estes eventos e se poidan repetir en vindeiros anos, seguro que non vos ha deixar indiferentes.


Via: Galizaelectronica.com

0 comentarios: