jueves, 24 de febrero de 2011

Programa 100 (19-02-2011)

O pasado sábado cumplironse as 100 semanas de emisión. 100 programas cargados de entrevistas, colaboracións, seccións, presentacións, directos, novas, e como non, 100 programas de moitísima música electrónica tanto galega, como nacional como internacional. Gracias a tod@s por estos 100 programas porque sen vos o outro lado non podería ser posible facer Frecuencia de Baile cada sábado.

No programa pasado tivemos a entrevista a un dos grandes da música da nosa comunidade. Descoñecido por moitos pero triunfando a niveles internacionais, Borja Iglesias aka Dimension triunfa en selos de Tiesto, Ferry Corsten ou o mesmo Armin Van Buuren. Recoméndoche que descubras a música e escoites a entrevista deste productor Vigués.

http://soundcloud.com/dimensionmusic/tracks

Falamos con Dj Freaker, antigo colaborador de FDB dende Jaén e regalounos un minimix  100% Frecuencia de Baile. Nela podemos escoitar temas míticos do programa, tamén os mais sonados entre os galegos e como non, todas as nosas sintonias de apertura do programa.

Todo un detallazo que lle agradecemos enormemente dende Frecuencia de Baile e que podes descargar e escoitar as veces que queiras mediante o noso Soundcloud.
  FDB 100 (19-02-2011) - Freaker pres. Especial Minimix by FrecuenciadeBaile

Nas nosas colaboracións de costume, tivemos a Paula ca sua Musicaína donde tamén nos falou do aniversario de Electrónica Galega e do podcast que fixo Oscar Lopez para tal ocasión. E dende Galizaelectronica.com Lorena púxonos o día no que acontece na musica electrónica na nosa comunidade.

E para rematar, o reproductor do programa donde podedes escoitar os últimos 5 programas as veces que queirades. Esta vez o programa é o nº 100

0 comentarios: