Mostrando entradas con la etiqueta Noticias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Noticias. Mostrar todas las entradas

sábado, 12 de julio de 2014

Hasta pronto



Por motivos totalmente axenos os que facemos Frecuencia de Baile, temos que abandonar os estudios de Radio Ordes e polo tanto, ou polo menos temporalmente, a realización do programa.

Sentimos alongar a publicación da nova pero os primeiros sorprendidos fomos nos, intentamos asumir a noticia, ver o que ibamos facer, e como non, ver o inevitable, que FDB non poidese nin tan sequera despedirse nun último programa.

O que si, quédanos agradecer a moita moita xente que pasou polos estudios nos 194 programas destes casi 6 anos, comezamos:

Primeiro a Miguel Fons, por ser o noso padriño e mentor, gran amigo e por iniciarme no mundo da radio.

A Pablo Quinteiro pola gran oportunidade que nos ofreceu fai 6 anos para iniciar un proxecto chamado FDB, e como non, agradecerlle tamén a sua amistade.

Os meus colaboradores que non foron poucos, Paula pola sua sensivilidade e musikaina, a Oscar Lopez, esa gran enciclopedia con patas, a Goro por compartir a sua sabiduría e polas suas tertulias, a Christian Soniko polo seu bo rollo e ganas de festa interminables, a Mark Pastco por enseñarme o que é a musica en directo e pola sua amistade, a Darkrow por facerme ver a música dende outro punto de vista, a xente de Galizaeletronica.com (Alberto, Javier e Lorena) por moitas moitas cousas aprendidas, a Pablo Bascoy, polo seu remember, a Freaker dende Jaén por apoiarnos e empezar con nos, a Dani Veiga, que a pesar de non ser colaborador interviu longamenet e bastantes veces … (espero non esquencerme de ninguén… e senon, perdoade)

Agradecer especialmente a Clubber, por ser o último colaborador e por ser un gran dj, con el aprendín o que é a música electrónica dentro e fora dunha cabina.

Como non, non me poido olvidar a toda esa xente que se involucrou dalgunha maneira, mais ou menos, neste proxecto chamado Frecuencia de Baile, dende técnicos, deejays e entrevistados. Xente que pasou polos estudios cos seus lives, que fixeron tempo para poder ter unha entrevista en directo nos estudios, a xente que buscou tempo para que fora entrevistada por teléfono… grazas a tod@s, sinceramente, un placer.

E por último e o mais  importante, grazas a tod@s e cada un desos seguidores e ointes que estivestes con nos durante estos 194 programas, xa sabesdes que sen vos esto non sería posible nin teria ningún sentido.

Non queria que esto soase a despedida nin que contira carga emocional, pero creo que é inevitable. So decirvos unha cousa, polo de agora FDB apagouse, pero espero que a música electrónica e a festa siga.


Grazas a tod@s!


PD; os que queiran escoitar algun programa pasado, polo de agora ainda o poden facer no blog da radio. Mais adiante intentaremos colgar algun programa noutro aloxamento.

PD, agosto14: XA ESTAMOS ARGALLANDO ALGO NOVO, estate atento!

martes, 25 de junio de 2013

Freelive Festival : Sorteamos 5 entradas

Próximo venres 5 e sábado 6 de xullo, Acuapark de Cerceda, mais de 70 horas de música electrónica, piscinas abertas, 3 escenarios, mais de 40 deejays, zona de acampada, buses... que mais queres saber?



O festival do verano está a piques de chegar, e dende Frecuencia de Baile sorteamos 5 entradas para que vaias by the face.

Tan solo tes que mandarnos un correo co asunto "SORTEO"  e co teu Nome e DNI. 

No próximo programa diremos se eres ou non o gañador.

frecuenciadebaile@gmail.com 




.

+ info http://www.freelivefestival.com/


Frecuencia de Baile, todos os sábados de 21 a 23 horas!




jueves, 27 de septiembre de 2012

Volvemos este sábado!

Este sábado volvemos.

Volve frecuencia de baile a carga, a partir deste sábado 29 de setembro comeza unha nova temporada de Frecuencia de Baile, o teu programa de música electrónica en Radio Ordes.

Nesta temporada 2012-2013 conteremos unha vez mais cos nosos dous colaboradores mais acérrimos.

-Paula traeranos o sentimento grazas a súa sección Musikaina
-Os ritmos mais electrónicos corren a cargo de Oscar López e a sua sección Ritmatic. 

Pero contamos tamén con unha sección mensual nova. Cada último fin de semana do mes contaremos ca colaboración dun dos mais grandes en Galicia. DjGoro  grazas o seu proxecto Extraball traeranos os ritmos que mais fan sentir e vibrar a este veterano dj.

Pero ahí non acaba a cousa, Clubber dj acompañaranos todos os días copresentando o programa na primeira hora e poñendo as novidades do momento.

E para este sábado, unha vez mais o noso padriño volve como cada ano a contarnos os novos proxectos. Miguel Fons estará con nos. Ademais contaremos ca xente de Movida de Ordes que ten moito que contarnos sobre o que vai acontecer nas vindeiras semanas na movida do noso pobo.

Polo tanto, nova andaina de FDB nesta temporada.

Comezamos este sábado, volve a encender a radio, alí te esperaremos de 21 a 23h en radio Ordes.

Radio Ordes, 107.3fm
RadioOrdes.com 

sábado, 25 de junio de 2011

Fresh Weekend : Sorteo de catro bonos

Un ano mais chega o Fresh Weekend, un apasionante fin de semana non stop a ritmo da mellor música electrónica Internacional, nacional e de Galicia. 



Un ano máis colaboramos conxuntamente a organización do festival e Radio Ordes. Gracias a esto vamos a sortear entre todos os escoitantes do 107.3 da fm un par de bonos para que vivas o mellor festival do ano.

Faremos un sorteo de tres bonos (unha entrada para venres e sábado por cada bono) entre todos os mails que recibamos o seguinte correo e cas seguintes especificacións.

-No asunto ten que por obligatoriamente "Concurso Fresh Weekend"
-No mail ten que incluir os seguintes datos : nome e apelidos, lugar donde vives (so o pobo, aldea, cidade, etc.) teléfono de contacto e dous dos deejays que non te vas a perder por nada do mundo e estén no cartel do Fresh Weekend.
-A dirección é o mail da Radio:  radioordes@concellodeordes.com


Calquer mail que non conteña algun destos tres puntos quedará desclasificado. A fecha límite para o sorteo é o próximo martes dia 28 de xuño as 20h. Os gañadores daránse a coñecer ó dia seguinte notificandoos por mail e esperando a confirmación. Senón a entrada volverá a ser sorteada.

Ademáis otorgaremos un bono directo o que primeiro conteste por mail a pregunta que vamos a facer no programa de Frecuencia de Baile do sábado que ven, día 25 de xuño


Sorte a tod@s e vémonos no Fresh Weekend o vindeiro fin de semana en Cerceda!!

viernes, 10 de diciembre de 2010

10 anos de temazos

Moitos ritmos, moitos cantantes, productores, estilos, recordos, brincos, moitos...
Moitas cousas pasaron nos últimos 10 anos e con motivo de que abandonamos a década do 2000 vamos a facer un par de programas especiais ca música do recordo.

O sábado dia 11 e 18 colleremos a nosa máquina do tempo e faremos unha viaxe por 10 anos de temazos, súbeste? Polo de pronto xa nos puxemos a recordar no noso facebook.

Dalle o play para escoitar a radio en directo!


viernes, 19 de noviembre de 2010

Planes para a fin de semana

A estas alturas e non sabes que facer esta fin de semana? Dende Frecuencia de Baile presentámosche dous planazos.

Hoxe venres o noso colaborador Darkrow actuará na discoteca O Sarela xunto a Electric Storm e J. Pájaro, unha noite cargada de electrónica da boa nunha das salas mais emblemáticas de Compostela.

E mañán sábado inaugúrase un novo local en Ordes. Chamarase Qube e está situado na Rua da feira donde antiguamente habia o Barroco. Un local reformado e ampliado para disfrutar da mellor electrónica sen sair de Ordes. Para esta inauguración teremos de novo a Darkrow e o seu residente Izzan Joxx.

Qube club electronic music. 
LINE UP: 23:30 a 02:00 Izzan Joxx.
02:00 a 04:30 Darkrow.

viernes, 12 de noviembre de 2010

Pista de Baile FM en Radio Ordes

Cada día a programación Dance en Radio Ordes medra en programas e en calidade.

Esta noite de venres o sábado estréase no 107.3 o programa dirixido por Toni Espagne chamado Pista de baile. Unha hora de duración donde cada venres a 1 da madrugada podrás escoitar a mellor música House e Dance.

Durante o fin de semana podes escoitar en radio Ordes os seguintes programas

Venres de madrugada
0.00 La boite 16 da man de Pablo Bascoy
1.00 Pista de Baile presentado e dirixido por Toni Espagne
2.00 Frecuencia de Baile (repetición)
3.00 Ordes Dance , a radiofórmula dance das fins de semana en Radio Ordes

Sábado
18.00 Bucle, o programa de libre descarga da man de Boot 689
19.00 Entre lusco e fusco, indie, electrónicapop, e rock presentado por Miguel Lueiro
21.00 Frecuencia de Baile
23.00 Funkadisco, repaso semanal dos últimos estreos dance conducido por Dani Veiga
0.00   Ordes Dance

Que mais se pode pedir?
107.3 da FM ou http://radioordes.com

http://www.pistadebailefm.com/

jueves, 7 de octubre de 2010

Este sábado II Especial Electronica Galega

Esta fin de semana en Frecuencia de Baile celebrarase un programa especial sobre a Electrónica Galega centrándose especialmente no grupo do soundcloud que leva o mesmo nome.

Para tal ocasión,  o estudio de Frecuencia de Baile en Radio Ordes, vai a estar repleto de invitados ademais das colaboracións de costume como a Musikaina de Paula, Ritmatic de Oscar Lopez, Vanguard music de Darkrow e as noticias do diario Galizaelectronica.com. 

O que vai acontecer non está claro pero no estudio contaremos ca presencia de  Oscar Lopez, AGM, Orange, Miguel Fons, Dani Veiga e os compoñentes de Electronic Operators (Technoak e Tacca) que farán un live en directo in situ. Tamén teremos unha entrevista co director do 981 festival que se celebrará o sábado 16 na Coruña, non vola perdades

O sábado a partir das 21 horas en Radio Ordes (107.3) ou mediante a web do programa http://frecuenciadebaile.com 

Enlaces
http://electronicagalega.es

miércoles, 1 de septiembre de 2010

Este sábado...VOLVE FRECUENCIA DE BAILE!!!


Chega setembro e chega a pesar de moitos a volta de vacacións. Tamén chega o outono, as clases, os dias mais curtos e os coleccionables os quioscos.
E como non, Frecuencia de Baile volta un ano mais para poñerche a mellor música electrónica e como sempre apostando polo feito na nosa terra. Tampouco nos esquencemos das nosas seccións, da información electrónica e os dos nosos colaboradores.
Todo como cada sábado a partir das 21h en radio Ordes (107.3 fm) ou mediante a nosa web frecuenciadebaile.com

miércoles, 4 de agosto de 2010

Que facer esta fin de semana...

Diversas citas vanse a dar nuns dias e nos queremos poñerte o tanto delas.

Comenzamos mañan co primeiro certame Cinestable, un festival de curtas baixo licenzas Creative Commons que se celebrará na casa da cultura de Ordes mañan dia 5 de agosto. Tedes toda a información na sua web http://cc.inestable.org/



O próximo venres tes duas opcións, a electrónica ou a rockeira.

Se te decantas pola primeira tes unha cita en Luou (Teo) ca segunda edición do Luou on Festival organizado polo noso compañeiro de radio, Miguel Lueiro. Donde pincharán Marcos Magán, Miguel Fons, Juanchi dj, Dj Federato ca actuación de Yhadira e como non, o anfitrión e Miguel Lueiro.
+info http://luouonfestival.blogspot.com/


E se tes a vena mais rockeira e un pouco de festa, o próximo venres e sábado en Ordes teremos a edición 2010 do Brincadeira con grupos locais e nacionais como son Chícharo Psicótico, A cona ye-ye, Siniestro Total, A orquesta Mondragón, Los reyes del KO e mais...  pero destacar a actuación dun entrevistado por nos en FDB, o mismísimo CHIMO BAYO o próximo sábado no escenario situado no campo da feira.
+ info e horarios http://www.brincadeiraordes.com/

miércoles, 23 de junio de 2010

Sorteo de 3 bonos para o Fresh Weekend

OS GAÑADORES DAS ENTRADAS SON:
Bono directo :  Valdo Pérez de Compostela
Bonos sorteo:  Antonio Vilariño de Cambre e Antía Barral de Ourense


Sentimos o retraso da publicación dos nomes pero queríamosnos asegurar de que estas persoas iban a usar os bonos. 


Un saudo e grazas a tod@s os que participaron. 
----------------------------------------------------------
Frecuencia de Baile sortea 2+1 bonos para o festival do verán, celebrarase no Aquapark de Cerceda o próximo 2 e 3 de xulio, chámase Fresh Weekend.


Como participar?

Faremos un sorteo de dous bonos (unha entrada para venres e sábado por cada bono) entre todos os mails que recibamos o seguinte correo e cas seguintes especificacións.

-No asunto ten que por obligatoriamente "Concurso Fresh Weekend"
-No mail ten que incluir os seguintes datos : nome e apelidos, lugar donde vives (so o pobo, aldea, cidade, etc.) teléfono de contacto e dous dos deejays que non te vas a perder por nada do mundo e estén no cartel do Fresh Weekend.
-A dirección é o noso mail de contacto Frecuenciadebaile@gmail.com

Calquer mail que non conteña algun destos tres puntos quedará desclasificado. A fecha límite para o sorteo é o próximo martes dia 29 de xuño. Os gañadores daránse a coñecer ó dia seguinte.

Ademáis otorgaremos un bono directo o que primeiro conteste por mail a pregunta que vamos a facer no programa de Frecuencia de Baile do sábado que ven, día 26 de xuño

Toda a información na web do festival
http://www.freshweekend.es

viernes, 4 de junio de 2010

Noticias Electrónica Galega e avance de programa.

O próximo sábado 5 de xuño teremos no estudio a moitos talentos relacionada co netlabel Rawmatroid. Para falarnos do seu segundo ano e do que representa este netlabel contamos ca presencia de Frances Lerouge, Lefrenk, AGM e Quintrix ademais da colaboración de Oscar Lopez ca sua selección musical en Ritmatic.
http://www.rawmatroid.net



Contarche tamén que Electrónica Galega segue medrando e xa conta con dominio propio, a partir de agora podes acceder mediante a seguinte dirección.

http://electronicagalega.es

jueves, 22 de abril de 2010

FDB dende a festa do Champiñon

O próximo fin de semana tod@s sabredes que se celebra en Ordes unha nova edición da Festa do Champiñon ca correspondente nova edición de Expo Ordes, unha feira multisectorial ubicada no campo da feira do municipio.

Pois ben, sabede tamén todos que Radio Ordes e Frecuencia de Baile terán un papel moi importante na feira xa que se farán varios programas no stand da radio en directo. Poderás ver como se fai un programa. Esta é a programación da radio dende Expo Ordes 2010.

Sábado:
12.00 - 14.00 Son do chafarís da man de David e Raquel
16.00 - 17.00 La boite 16 con Pablo Bascoy
17.00 - 19.00 Entre lusco e fusco presentado por Miguel Lueiro
19.00 - 21.00 Frecuencia de Baile grazas a Jose Antonio

Domingo
A partir das 11.30 programa especial Expo Ordes 2010 conducido e realizado por Pablo Quinteiro e Juan Abeijón.

+información

sábado, 10 de abril de 2010

Canle de Frecuencia de Baile no Youtube

Se eres fan de FDB no Facebook estarás enterado dos videos que vamos editando no programa. Tratanse das actuacións que fixemos en directo nos estudios de Radio Ordes. Se queres subscribirte a esta canle tan so tes que entrar no noso youtube.


A primeira foi da man de Marc Pascto que nos troixo o seu directo o pasado 3 de febreiro.


http://www.myspace.com/marcpastco

A segunda veu da man de AGM e Qüintrix na que poidemos disfrutar da sua música no estreo do seu Live o pasado 13 de marzo.

http://www.myspace.com/automaticgroov...
http://soundcloud.com/a-g-m

http://www.myspace.com/quintrix



Todos estos lives, entrevistas e mais podes atopalos audios no noso soundcloud.

lunes, 15 de marzo de 2010

Presentación de Electrónica Galega,o grupo do Soundcloud de Galicia

Este sábado no programa Frecuencia de Baile, presentamos de forma "oficial" o grupo do soundcloud chamado Electrónica Galega . Un apartado na rede social que mais esta emerxendo dentro da comunidade de productores e djs e serve como ferramenta para enseñar os distintos traballos.

O grupo Electrónica Galega nace co fín da xuntanza e a interactuación de productores e djs galegos para asi coñecer o que soa dende Galicia. Tan so tes que entrar no grupo para ver que na nosa terra tamén hai bos productores de infinidad de estilos, o que falta é ser recoñecidos a outros niveles dos que moitos non poden contar. Dado o éxito do grupo e o seu rápido crecemento, decidimos separar o que son as sessións, lives, e radio do que é os temas, polo tanto para este tipo de audios creouse o grupo http://soundcloud.com/groups/djs-galegos

Deixamosche o box de temas do grupo e esperamos que vos unades a él se sodes productores e igualmente se vos interesa a Electronica Galega.

Electronica Galega

miércoles, 10 de marzo de 2010

E para o vindeiro sábado... FDB 063 lives

Este sábado temos moitos contidos preparados para un programa que seguro que será para recordar.

Primeiro decirvos que temos a AGM e a Quintrix no estudio da radio para facer en directo un Live, música electrónica creada en directo. soundcloud.com/a-g-m

Xunto o noso colaborador Oscar Lopez ( www.myspace.com/oscar-lopez ) e AGM presentaremos o grupo do Soundcloud chamado Electrónica Galega, o cal xa pasa do cento de temas electrónicos feitos e mesturados na nosa terra. Vótalle unha ollada para ver a calidade que temos aqui. soundcloud.com/groups/electronica-galega

Falaremos con Milutxo, dj residente de Zoo e dj oficial de Movida Corona. Contaranos o ben que lle tan indo as cousas e falaremos do cartel de Zoo de Semana Santa. www.facebook.com/Milutxo

Ademais da colaboración de Galizaelectronica.com e Darkrow e moita, moita música, moitos estilos, e moitos contidos este sábado en Frecuencia de Baile.

COMO SEMPRE DAS 21H. EN DIANTE NO 107.3 DA FM E ONLINE NA NOSA WEB: frecuenciadebaile.com

viernes, 26 de febrero de 2010

Sorteo de Entradas para o Cumpleanos de Darkrow

O próximo dia 5 de marzo o noso colaborador Darkrow celebrará o seu 26 cumpreanos rodeado de unha gran cantidade de amigos e djs na sala Boa Boa Lua Tech Club de Naron, A Coruña.

Se queres optar o sorteo de 3 entradas para ir a dita festa tan so tes que escoitar o programa do sábado 27 e enterarte de como facelo. Ademáis en dito programa Darkrow falaranos mais polo miudo do evento.

Xa sabes, no 107.3 da fm, Radio Ordes ou mediante a nosa web

http://frecuenciadebaile.com

jueves, 4 de febrero de 2010

Este sábado... especial Minimal Techno

Este sábado no programa Frecuencia de Baile faremos incapé no minimal e o techno ca presencia de Marc Pastco ( http://www.myspace.com/marcpastco ) que nos fará un directo no estudo, falaranos da sua última produción e tamén charlaremos con AGM que sacou no Netlabel Galego Moucho nl o seu último traballo.

Contaremos tamén cas noticias de Galizaelectronica.com, con Darkrow e a sua Vanguard Music como todas as semanas e co colaborador Oscar Lopez na sua sección Ritmatic.

Todo o próximo sábado a partir das 21 horas en Radio Ordes ou mediante esta Web

jueves, 26 de noviembre de 2009

Frecuencia de Baile P50 e Dj Goro


Que vai pasar? nin nos mesmos o sabemos!

So sabemos que este sábado Dj Goro ca sua media vida e Frecuencia de Baile co seu medio cento de programas compartirán mais de unha hora de radio.

Frecuencia de Baile e Cia presenta a Dj Goro en directo nos estudios de Radio Ordes xusto antes da sua sessión mensual en Tubos. Polo tanto aprobeita para ch amar, mandar unha mensaxe ou preguntar calqueira cousa que se che ocurra, Goro seguro que ten a resposta

Ademais deso os colaboradores habituais de cada duas semanas! dj Christian ca sua Factoria Progresiva e Paulichi ca sua Musikaina e como cada 7 dias as noticias de Galizaelectronica.com e o Tech mais punteiro de Darkrow en Vanguard Music.

Este sábado as 21h na 107.3 ou mediante a web do programa

http://frecuenciadebaile.com

Manda as tuas preguntas ou suxerencias a frecuenciadebaile@gmail.com

domingo, 22 de noviembre de 2009

Chart

A partir de agora e o marxen dereito veredes o chart, top, lista dos mellores, ou como queirades chamalo, temas que soan no programa Frecuencia de Baile.

O chart pode ter mais ou menos postos e cambiarase periódicamente.

Este é o primeiro chart de Frecuencia de Baile.

22/11/09

1 . D. Ramirez, Mark Knight, Underworld - Downpipe
2 . Noche de fiesta (Dj Piñas & Ramon Gz remix)
3 . Armand Van Helden - Bonkers
4 . Fatboy Slim vs. Fedde Le Grand - Praise You 2009
5 . Steve Angello - Monday