Voltamos de vacacións!! cas pilas postas e con moita música que poñer, nos vindeiros programas seguiremos repasando o que deu de si este verano pero mentras tanto pouco a pouco imos compoñoendo o que vai a ser a nova temporada 2010-2011 de Frecuencia de Baile.
Neste programa de volta das vacacións tivemos o noso colaborador Darkrow presentándonos os seus próximos temas polo sello datagroove. Contamos tamén con Javier Querolt de Galiza Electrónica para informarnos un pouco sobre o que acontece no panorama electrónico galego.
Ademais disto tivemos unha entrevista con Manu Dastrash, un dos compoñentes do Festival Elviña Sona do cal nos falou e que se vai a celebrar este sábado dia 11 de Setembro na Coruña.
Por se non fose pouco engadimos unha sección mais o programa, cada semana intervirá un invitado sorpresa na sección "Colaboración Espontanea" donde falaremos ca xente mais diversa dentro do que é a electrónica. Nesta semana tocoulle o turno a Dani Veiga que empeza en Radio Ordes co seu programa Funkadisco.
Todo moi concentrado en duas horas de programa, como sempre a golpe de Click esta vez no programa 82.
jueves, 9 de septiembre de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario