viernes, 1 de abril de 2011

Programa 105 (26/03/2011)

Neste programa número 105 foi un placer ter no estudio a un representante da electrónica pero da parte que se ve. 

Falamos de Parasit, un Vj que sorprende polas suas video sessións axitadoras, distintas, transgresoras, non convencionais. Falounos da sua traxectoria, do que o inspira, de como traballa cas imaxes. 


Lorena dende Galizaelectrónica.com ponnos o día sobre as noticias do mundo da electrónica. Tamén foi un placer recibir no estudo unha vez mais a Paula que como cada duas semanas tráenos a sua musikaina que revitaliza corpo e mente. 

Notaredes a falta do programa 104 no reproductor, iso é porque emitiuse un podcast o dia de san José e decidimos non subilo. 

Todo nunha dosis de 120 min por via auditiva.

martes, 22 de marzo de 2011

Programa 103 (12/03/2011)

Programa do pasado sábado 12 de Marzo.

Nesta ocasión tivemos no estudio a Oscar Lopez ca sua sección Ritmatic donde cada sábado nos trae o sonidos que mais disfruta e pincha nas suas sessións.Javier Querolt púxonos o dia cas noticias de Galizaelectronica.com  e nos como sempre amenizando esas duas horas de música que se chaman Frecuencia de Baile

Como sempre a golpe dun click no programa nº 103



O programa nº 104 foi un podcast, polo tanto non se subirá, mentras tanto podedes disfrutar dos últimos programas. Para este sábado MAIS.