lunes, 7 de marzo de 2011

Programa 102 (05/03/2011)

Novo sello de Fernando Mesa
O sábado pasado tivemos no estudio a Izzan Joxx e a Fernando Mesa. O primeiro é o dono do club de música electrónica que temos en Ordes, o Qube Electronic music club, un local en plena fase de remodelación e que dará moito que falar a partir de agora. E co motivo de que reinaugurábase o local, Fernando Mesa deleitounos cunha sessión non sen antes pasar pola radio a responder unhas preguntiñas sobre a sua carreira de productor e dj e sobre o futuro sello que está a punto de estrear, Arume Records.


Tamén tivemos como cada duas semanas a nosa compañeira Paula que nos puxo a musikaina que a ela mais lle gusta.

Como sempre, e celebrando ainda o paso dos 100 programas, a última edición de Frecuencia de Baile a golpe de play neste caso no 102.


Por certo, para a seguinte semana seguimos de celebración, seguimos de estreos, de entrevistas e demais... atentos.

viernes, 4 de marzo de 2011

Programa 101 (26/02/2011)

Seguimos cas celebracións do centenario de Frecuencia de Baile.

O pasado sábado emitimos o programa nº 101 e tivemos o honor de estrenar outro directo no estudio. Conxuntamente con AGM! & Quintrix, Frances Lerouge mostrounos a sua música a través dun Live o cal non vos podedes perder.

Tamén tivemos no estudio a Oscar Lopez que como é costume traenos a sua visión da electrónica na sua sección Ritmatic. As noticias de Galizaelectronica.com correron esta semana a cargo de Javier Querolt.

Todo en mais de 120 min cargados de boa música.



E seguiremos celebrando o centenario.