miércoles, 13 de octubre de 2010

Programa 086 (09/10/10) Especial segundo aniversario

Para celebrar o noso segundo aniversario no aire decidimos rodearnos de bos amigos e productores facendo un especial de Electrónica Galega.

No estudio tivemos por fin o dj e productor Dani Veiga o cal fixemos unha entrevista. Amenizándonos este segundo aniversario tivemos os productores de Carballo Tacca e Technoak que nos fixeron botar no estudio co seu live en directo do seu grupo chamado Electrónic Operators.

Tamén entrevistamos a Hector, director do festival 981 que se celebra este sábado na Coruña.

Polos estudios de radio Ordes tamén tivemos a Oscar Lopez, Paula, Orange, AGM e Miguel Fons os cales agradecemos que estiveran nun dia tan señalado.

Seguiremos dando caña esperemos que moito tempo mais... Gracias a tod@s por estar ahí cada sábado.




Video e cartel do 981Festival!


981festival2010 | Son Estrella Galicia from 981festival on Vimeo.

jueves, 7 de octubre de 2010

Este sábado II Especial Electronica Galega

Esta fin de semana en Frecuencia de Baile celebrarase un programa especial sobre a Electrónica Galega centrándose especialmente no grupo do soundcloud que leva o mesmo nome.

Para tal ocasión,  o estudio de Frecuencia de Baile en Radio Ordes, vai a estar repleto de invitados ademais das colaboracións de costume como a Musikaina de Paula, Ritmatic de Oscar Lopez, Vanguard music de Darkrow e as noticias do diario Galizaelectronica.com. 

O que vai acontecer non está claro pero no estudio contaremos ca presencia de  Oscar Lopez, AGM, Orange, Miguel Fons, Dani Veiga e os compoñentes de Electronic Operators (Technoak e Tacca) que farán un live en directo in situ. Tamén teremos unha entrevista co director do 981 festival que se celebrará o sábado 16 na Coruña, non vola perdades

O sábado a partir das 21 horas en Radio Ordes (107.3) ou mediante a web do programa http://frecuenciadebaile.com 

Enlaces
http://electronicagalega.es