Por motivos totalmente axenos os que facemos Frecuencia de Baile, temos que abandonar os estudios de Radio Ordes e polo tanto, ou polo menos temporalmente, a realización do programa.
Sentimos alongar a publicación da nova pero os primeiros sorprendidos fomos nos, intentamos asumir a noticia, ver o que ibamos facer, e como non, ver o inevitable, que FDB non poidese nin tan sequera despedirse nun último programa.
O que si, quédanos agradecer a moita moita xente que pasou polos estudios nos 194 programas destes casi 6 anos, comezamos:
Primeiro a Miguel Fons, por ser o noso padriño e mentor, gran amigo e por iniciarme no mundo da radio.
A Pablo Quinteiro pola gran oportunidade que nos ofreceu fai 6 anos para iniciar un proxecto chamado FDB, e como non, agradecerlle tamén a sua amistade.
Os meus colaboradores que non foron poucos, Paula pola sua sensivilidade e musikaina, a Oscar Lopez, esa gran enciclopedia con patas, a Goro por compartir a sua sabiduría e polas suas tertulias, a Christian Soniko polo seu bo rollo e ganas de festa interminables, a Mark Pastco por enseñarme o que é a musica en directo e pola sua amistade, a Darkrow por facerme ver a música dende outro punto de vista, a xente de Galizaeletronica.com (Alberto, Javier e Lorena) por moitas moitas cousas aprendidas, a Pablo Bascoy, polo seu remember, a Freaker dende Jaén por apoiarnos e empezar con nos, a Dani Veiga, que a pesar de non ser colaborador interviu longamenet e bastantes veces … (espero non esquencerme de ninguén… e senon, perdoade)
Agradecer especialmente a Clubber, por ser o último colaborador e por ser un gran dj, con el aprendín o que é a música electrónica dentro e fora dunha cabina.
Como non, non me poido olvidar a toda esa xente que se involucrou dalgunha maneira, mais ou menos, neste proxecto chamado Frecuencia de Baile, dende técnicos, deejays e entrevistados. Xente que pasou polos estudios cos seus lives, que fixeron tempo para poder ter unha entrevista en directo nos estudios, a xente que buscou tempo para que fora entrevistada por teléfono… grazas a tod@s, sinceramente, un placer.
E por último e o mais importante, grazas a tod@s e cada un desos seguidores e ointes que estivestes con nos durante estos 194 programas, xa sabesdes que sen vos esto non sería posible nin teria ningún sentido.
Non queria que esto soase a despedida nin que contira carga emocional, pero creo que é inevitable. So decirvos unha cousa, polo de agora FDB apagouse, pero espero que a música electrónica e a festa siga.
PD; os que queiran escoitar algun programa pasado, polo de agora ainda o poden facer no blog da radio. Mais adiante intentaremos colgar algun programa noutro aloxamento.
PD, agosto14: XA ESTAMOS ARGALLANDO ALGO NOVO, estate atento!
Non queria que esto soase a despedida nin que contira carga emocional, pero creo que é inevitable. So decirvos unha cousa, polo de agora FDB apagouse, pero espero que a música electrónica e a festa siga.
Grazas a tod@s!
PD; os que queiran escoitar algun programa pasado, polo de agora ainda o poden facer no blog da radio. Mais adiante intentaremos colgar algun programa noutro aloxamento.
PD, agosto14: XA ESTAMOS ARGALLANDO ALGO NOVO, estate atento!